"Separar a xemelgos na escola é danino"

Científicos da Universidade de Winconsin (EEUU) realizaron unha investigación no 2004 con 878 parexas de xemelgos entre cinco e sete anos para comprobar o comportamento  (tanto nos estudos como de carácter ) destes dous irmáns ao separalos da mesma clase no colexio. Para iso investigaron 3 grupos: un grupo onde os xemelgos estiveran na mesma clase, outro que foran separados aos sete anos e outro que foron separados aos cinco.
Comprobaron que os rapaces que foron separados aos cinco anos tiñan problemas emocionais como medo, tristeza e inseguridade. Iso provocou nos rapaces (monozigóticos) que eses problemas emocionais foran aumentando. Mentres que nos rapaces (dizigóticos) desaparecía despois dun curso.                                                                                                     Os rapaces que foron separados aos cinco anos tiñan máis problemas de aprendizaxe que os que estaban na mesma clase.                                     Os rapaces que foron separados aos sete anos tiñan problemas coa lectura e problemas de conduta e emocionais.
A universidade Libre de Amsterdam realizou tamén as súas investigacións en 2009 e chegaron a mesma conclusión; os xemelgos sofren estres o primeiro curso de Primaria ao estar separados pero ao estar no sexto curso o sentimento desaparece. Nesta investigación ademais demostraron que non había ningún efecto en canto ao seu rendemento escolar, nos xemelgos mentres que nos mellizos si, xa que ao estar separados inflúe positivamente na súa actitude; esfórzanse máis e aplícanse máis.
Ambos os dous estudios aconsellan tomar unha decisión acorde coas necesidades, a idade e a cigosidade dos nenos; xa que hai en casos que e favorable separalos e en outros non.          
                                                                     Publicado o 4 de abril de 2017                                                    





                                                                                                            

Comentarios

Entradas populares de este blog

"Mamá fala e o cerebro do seu fillo desperta"

"Os clons de 'Dolly' soon tan sans como calquera outra ovella"

"Comportamentos do enamoramento ao instinto maternal"