"Mamá fala e o cerebro do seu fillo desperta"


A voz da nai nun bebé non só o calma, senón que tamén activa moitas e importantes rexións cerebrais. Según un estudo publicado pola Universidade de Harvard estas rexións incluen as emocións, as sociedade, as do recoñecemento de rostro e as que discriminan o que é relevante. Está relación só se produce coa súa proxenitora.
Parte do noso aprendizaxe social, de lenguaxe e de procesos emocionais son adquiridos polo simple feito de escoitar a nosa nai. Este estudio comprobou que a voz da nai ten un acceso rapido a estas zonas cerebrais, grazas aos circuitos cerebrais.
A investigación foi feita a nenos entre 7 e 12 anos de idade e consisteu en grabar nunha cinta tres palabras sen sentido ditas por as súas proxenitoras e outras tres palabras por mulleres descoñecidas para os nenos. Un 97% dos rapaces recoñeceron a voz da súa nai con só escoitala un segundo. Según o estudio os nenos reacionaban mellor ao sonido da súa proxenitora ca a da extraña.
Según Abrams; a persoa que realizou esta investigación os resultados son moi importantes para estudar aos nenos con discapacidades e máis aos rapaces que padecen autismo.
É excitante ver como o eco da voz da nai desperta tantos sistemas no cerebro do rapaz.
                                                                                  Publicado o 19 de maio de 2017






Comentarios

Entradas populares de este blog

"Os clons de 'Dolly' soon tan sans como calquera outra ovella"

"Separar a xemelgos na escola é danino"