"En 20 anos o cáncer xa non será unha causa principal de morte”



O oncólogo Josep Baselga ( un dos científicos cataláns mais prestixiosos internacionais) e Toni Comín ( conselleiro de Salud de Barcelona) tiveron unha reunión na Sala Raval do Centro de Cultura Contemporánea de Barcelona(CCCB).
 Nun auditorio de renombre científico, o director do Institut de Recerca Biomédica, Joan Guinovart, u oncólogos do primeiro nivel como Josep Tabernero e Joan Comella sentáronse a escoitar o coloquio, o médico atreveuse a avanzar que a batalla contra o cáncer vai encamiñada. "De aquí a 20 años, o cáncer deixará de ser unha das causas principais de morte", asegurou. 
E aunque Baselga e Comín ensalzaron con ganas a investigación catalana e o seu papel dentro da comunidade internacional, o médico non desaproveitou a oportunidade que lle brindaba ter diante a xestores como Comín e o vicepresidente de la Generalitat, Oriol Junqueras para advertir a necesidade de aumentar os recursos en investigación. "Hai que axudar desde o punto programático e de inversión clarísima de recursos e persoal. Ten que facerse unha estrutura de financiación basada na excelencia", dixo o oncólogo.
Neste sentido, Baselga propuxo directamente ao conselleiro de Salud testar a revolucionaria biopsia líquida, a análise de sangre a través do que se poden detectar marcadores tumorais. o facultativo, que dirixe o Memorial Sloan Kettering Cáncer Center de Nueva York, advirteu a Comín que Cataluña ten "unha oportunidade histórica" para liderar mundialmente o cribado da súa poboación con biopsias líquidas para detectar precozmente o cáncer e que este deixe de ser causa de morte.
Según o oncólogo, na detección precoz está a clave e se buscan novas ferramentas para recoñecer a incidencia real dos tumores. "A mamografía falla moitísimo, ten moi baixo o nivel de precisión. A gran promesa sería facer estudos poblacionais, programas mais reais de detección precoz de cánceres que, como os de colon, mama o páncreas, son curables ao 90 % si se encontran pronto", apuntou. "Salvaríamos vidas, aforraríamos recursos e Cataluña sería protagonista de un hito nos próximos 20 años que marcarán a batalla final contra o cáncer", augurou.
                                                                           Publicado o 22 de novembro de 2016

Comentarios

Entradas populares de este blog

"Mamá fala e o cerebro do seu fillo desperta"

"Os clons de 'Dolly' soon tan sans como calquera outra ovella"

"Comportamentos do enamoramento ao instinto maternal"